Como sabedes, onte fixemos o reconto público de votos no Bar Eugenio… E a cousa estivo interesante!
Partimos dos seguintes resultados da web, que aínda que destacaban como vencedor a Raphael… Non sabíamos o que nos depararían os buzóns! A grandísima Ana Kiro seguíalle de cerca e Miguel Bosé non quedaba a moitos votos; e parecía que ABBA e O Dúo Dinámico tamén podían dar guerra… Vamos que a cousa estaba interesante.
A participación na web foi de 154 votos, e esta foi a vosa elección:
Así que comezamos a abrir os buzóns a cousa púxose máis interesante aínda… Estivemos a piques dun empate entre dous grandes… RAPHAEL e ANA KIRO…. Os seareiros que estábades alí ben sabedes que case nos quedamos sen uñas! 😉
Finalmente, e gracias á vosa participación, a cara desta XV edición da FESTA HORTERA será o grandísimo… RAPHAEL!!!!
Aquí tendes os resultados, axustadísimos, do buzoneo in vivo no Bar Eugenio!
E aquí, como non… A foto de familia de tódolos que quixestedes estar presentes! GRACIAS!