
Porto do Son é un pedaciño de terra que medrou no noroeste da Península Ibérica, mimada pola Serra do Barbaza e mollada polo Océano Atlántico.
Non vos vou falar de coordenadas nin de número de habitantes, para isto amig@s, está a wikipedia.
Eu, Maquesa de Fonforrón, embaixadora desta vila durante décadas, contareivos as singularidades que fan deste pobo un enclave máxico.
Para cumplir cas miñas labores dibulativas, estou na obriga de poñer en coñecemento de todos vós os datos que ninguén dá, que non aprecen nas guías nin na prensa, a nósa cara B.
Temos capítulos puntuais relacionados co papel cuché,o mundo da celuloide e da televisión, pero tamén un modo de vida pintoresco cunha idiosincrasia especial; sen lugar a dúbidas, propio do lugar que alberga ano tras ano a Festa Hortera.

O Son, serviu de escenario para infinidade de filmes e documentais, entre eles “Mar Adentro”, baseada na vida do entrañable e loitador veciño, Ramón Sampedro; “En la Red de mi canción” protagonizada por Conchita Velasco e Andrés do Barro (galán dos anos 70, que ubicou algún dos seus videoclips nas praias sonenses); “Mariposa, Bolboreta, Papallona”; ou “El legado Celta”.
Mick Yagger visitou Aguieira, praia onde as malas linguas din que Joaquín Sabina ten un chalé…nunca me invitou a ningún cocktel-sarao-evento alí, co cal, deixémolo en rumor…que hoxe, non teño corpo para contrastar a información. Porque meus seareiros! Se por algo se caracteriza este pobo, é polos rumores, @s rumoros@s e @s rumoread@s, todo un fenómeno sociolóxico que nos enemista e nos une ó igual que un partido de brilé .
Mike Oldfield inspirou un dos seus discos no Castro de Baroña, Jesús Puente achegou as cámaras de Antena 3 para facer unha demostración de amor, degustando unha mariscada no Restaurante “Hórreo” e navegando pola Ría, como tamén fixo no seu día a Familia Real.

O expresidente ZP, nos seus tempos de apoxeo, disfrutou destas paraxes durante as vacacións de verán. Aviseino de que voltara para embriagarse novamente do borrollismo sonense, non voltou, se o tivese feito outro galo cantaría.
Contamos con personaxes pseudomitolóxicos, como por exemplo o «Rei das zapatillas brancas«, unha versión galega e glamourosa do Candiman yankee e que segundo conta a lenda, vive na Cova de Fonforrón e promete aparecer cando se lle chama. Pero que queredes que vos diga, leva máis de cincocentos anos agochado, e nin eu, que trato co máis exquisito das altas esferas monárquicas, conseguiu xamáis facelo saír do seu cocho.
Ademáis desta cova habitada polo Rei, existe unha fonte pola que emanaba aceite, un balcón propiedade de Pilatos e multitude de paisaxes cun claro significado fálico: “as bolas de Loreto”, “as bolas do Monte Iroite” e rendindo homenaxe á figura feminina: os peitos de “Monte Louro” .

Temos por costume pedir auga ós balcóns no último día das festas patronais; levar ao guía “Se” diante das bandas e os gaiteiros nas romarías; embriagarnos do horterismo o primeiro fin de semán de Agosto; e facer unha “ronda” de tabernas sempre que nos é posible, porque compañeir@s! gozamos dun dos ratios de bar x habitante máis elevados do país…e quen non pague ronda, vai ó inferno.
Usamos termos tales como: alroteira, pinchinar, bolinga, cascabullo, sarrabalda, adoa ou petelo. Permitídeme que non adxunte a traducción, só vindo a disfrutar de Porto do Son poderedes adquirir soltura nesta xenuína variante dialectal.
Lembrade outro detalle, nesta vila non existen os apelidos máis ca no DNI. Tod@s excepto a que aquí firma, son coñecid@s, por fortuna ou por desgraza, polo alcume (que evoluciona ó longo dos anos, ó igual que acontece con xentilicios): Carris, Leñas, Panas, Parres, Chones, Patuanas, Blanquiños, Brasos, Visitos, Castillas, Pirilláns, Coxos, Sendias,…
Paraxes sen igual, lendas, ritos, fenómenos lingüístico-folclórico-sociolóxicos.
Para despedirme, farei uso do mítico slogan que anos atrás promocionaron dende o Concello, que ó mellor estilo Gil y Gil, invita a que pousedes as vósas cachas neste pobo:
Só faltas tí.
Con amor
A Marquesa