Sabemos o mal que o pasades revolvendo no faiado na procura das prendas máis “chic”. Coñecemos as ansias que vos entran cando non atopades a combinación de cores axeitada ou os zapatos que poñan broche á vestimenta. Pero se de algo estamos seguros é de que nunca dades co peiteado idóneo. Ás veces Perruquería Lolailo non ten cita que vos dar e toleades. Pero non demoredes máis, seareiros, porque hoxe inauguramos nova sección. O recuncho máis “yeyé” do Barbanza que vos abrirá as portas a un universo cheo de tendencia e horterismo. Pasado, presente e futuro: xustiño o que andabades a buscar
Un bo peiteado, un bo tocado ou un tupé de infarto poden supoñer o éxito ou o fracaso máis inmediato. Pero se pensades que o pelo só pode lucir nas cacholas estades equivocados. La viña del Señor está chea de salvaxes e indomables cabelos e queremos que estedes ao tanto de todos eles. Qué tal un Retro-Tour polas peliños máis indomables? Imos alá, sen pelos na lingua!
Aínda lembramos cando Karina veu de viños con nós e nos cantaba cos olliños jóleos “…cualquier tiempo pasado nos parece mejor...”. Que razón tiña! Onde quedaron os cortes á “bacenilla”? E as mechas rubias que salpicaban as cabezas dos máis machotes? Qué foron das lambidas de pucha? Se as fotos falaran…
Para comezar traemos o inédito caso destas tres criaturas que, sen sabelo, convertéronse na envexa do pobo durante un tempo. Eran primas e vivían en Rocapillón, ao lado da fonte. Sen saber onde matar o tempo, achegáronse ata As Pitas a por un puñadiño de caramuxas e pescounas a cicloxénese explosiva. O vento deulle tal lorchaso que as deixou malladas. Ao final nin caramuxas comeron, que foron dereitas a Foto Ocasión a sacar unhas fotos carné.
Sen comelo nin bebelo, foron aclamadas durante semanas enteiras e os sonenses toleaban por fotografiarse con semexantes obras maestras. O concello de Noia e o de Ribeira puxeron autobuses para que a xente coñecese o fenómeno de primeira man.
Pero non sempre é necesario ir ás caramuxas para lucir con éxito un peiteado de nivel. Houbo un tempo no que as perruquerías non daban feito, xa que os rapaces non deixaban de demandar un dos peinados máis lembrados da historia, a pesar de que agora está case en desuso. Se querías ser o machote dos machotes só tiñas que peitearte do seguinte xeito. Só así chegarías a ser un verdadeiro pichichi do glamour.
E falando de glamour… Ben vos podemos recomendar unha forma moi sinxela de captar tendencias sen que saiades das vosas propias casas. Os nosos pais antes de ser as Damas e os Cabaleiros que coñecedes agora, tiveron un pasado moi moderno. Non tedes máis que botar man desas fotos do fondo do caixón, desempolvar e comezar a argallar o voso tocado persoal. Que pelaso! Que estilaso! Menudos patróns! Iso si era ter estilo e o demáis caralladas!
Sobre pelos non hai nada escrito! E nunca mellor dito… Xa vos dixemos que os pelos non só lucen na cachola, senon que poden aportar un toque xeitoso noutras zonas do corpo. Só hai que botarlle imaxinación! Como nos gusta moito de Nuestro Señor todo o que sexa tendencioso, queremos compartir con vós unha das historias que máis nos enorgullece. Igual xa a coñecedes, pois ata as árbores falan dela.
Trátase da Raíña das terras de Castelo. Cipriana A Muxidora, tamén coñecida como Cipri. Non hai aldea nin recuncho que non escoitara falar dela. Muller de armas tomar e amante das tendencias, gustaba de portar os mellores peiteados. As mulleres recorrían corredoiras e montes para vela muxir no seu campo sempre con tocados de infarto, xa que todas querían facerse co seu novo peiteado. Cansa de que as suas creacións foran plaxiadas dende Xio ata Cans, maquinou e maquinou e decidiu poñer fin á situación. Deixou medrar os pelos das axilas durante un tempo e pasou de muxir a recoller os froitos das suas árbores. Así, as mulleres non plaxiarían a moda e o seu orgullo triunfaría por sempre.
As mulleres da redonda non podían crer o que vían e Cipri recollía orgullosa os froitos máis maduros coa cabeza ben alta. Pero a alegría da Raíña durou máis ben pouco. En cuestión de dous meses a nova tendencia correu como corre a auga polas cunetas e todas as mulleres acabaron lucindo a máis orixinal das pelambreiras.
Fotógrafos de aquí e de acolá fixéronse coa nova e espallárona a máis non poder. Algo novo estaba medrando e todas querían seguir os pasos da Raíña de Castelo. Máis tarde, a este fenómeno chamóuselle “Facer unha Cipri” e os homes toleaban por as mulleres máis modernas. Un claro exemplo de que o pelo sempre crea tendencia. Se vos estades a preguntar que foi de Cipri… Só podemos dicir que marchou ás Américas, pero soubémolo despois de que Paco Lobatón levara a fuxida da Raíña ao programa «Quién sabe dónde».
Teríamos mil e unha historias máis para vos contar, pero debemos deixar aquí esta primeria homenaxe aos pelos e á figura de Cipri, ídola local desexada por todos. En nada estaremos de volta con máis tendencia e con máis horterismo. Dese que vos gusta!
Por: Calleguero hortero viaguero.
Ja ja ja esto é boisimo!!!