Pisando Forte

Un par de zapatos poden resumir unha Festa Hortera mellor que un álbum de fotografías. Tan so abonda con botar unha ollada ao calzado máis vello que temos na casa para botar de menos aqueles marabillosos anos.
No meu rocho hai decenas de pares gardados en caixas, a miña nai e as miñas tías eran moi coquetas e gárdanos como ouro en pano. Onte mesmo púxenme a rebuscar, pois a conta atrás xa empezou horteras… e bótasenos o tempo enriba. Aínda que hoxe me centrarei nelas, non sabedes as reliquias que hai para eles… outro día ensínovolas.

Encontrei unhas bailarinas tralas que se adiviñan románticas sesións no cine Avenida e unhas sandalias planas que debuxan ca súa sola centos de paseos polo peirao sonense. Tamén había unhas plataformas altas monas que auguran noites de verbena na Avenida 80, as cales máis dunha vez volverían para casa ao lombo do maromo. O certo é que non fai falla decantarse por un só zapato da nosa lista para vivir a Festa Hortera soñada nin tampouco é posible vivila sen un pouquiño de cada. Por iso, tráiovos o decálogo hortera do calzado imprescindible para o festexo… cada un deles gardarán con cada pisada unha festa chea de recordos.

Comezamos cos máis coloridos, eses que alegran calquera look

image

image

image

Para as románticas tamén hai calzado. Vermellos, de cores… con cuña ou con tacón… todos son espectaculares!

image image image image

Os seguintes son para as máis atrevidas, para as que lles gusta arriscar e non queren pasar desapercibidas… esas que loitan por conseguir o reinado hortera.


image
image image

Hai xente que non soporta os tacóns, pero iso xa non é un problema porque hai zapatos planos que son perfectos para pasear por Porto do Son o primeiro fin de semana de agosto.

image

Finalizo a lista cos clásicos, eses aos que lles sacas partido porque pegan con todo: un vaqueiro, un vestido, uns pantalóns curtos, etc.

image image

Adoro o calzado, de feito son a clave do meu look sempre. Unha camisa vermella, unha saia de voo rosa e unhas sandalias de plataforma multicolor… e lista. Os zapatos iluminan e dan sentido á vestimenta. Consigue os teus e vai pisando forte á XV Festa Hortera.




Despídome cunhas fotos da miña última viaxe a Londres, a onde acudo a miúdo porque é a fonte de inspiración de moitos dos meus outfits.

imageimage

image

Feliz semana!
Juana Eumelia Virtudes de Xío

 

 

Se che gusta o que les, comenta... non te cortes! ;)

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s