Sacando as uñas!

Festhorteiros, feliz martes! Nin te cases nin te embarques.

Entramos resién nunha nova semaniña (esta expresión en honra aos nosos ancestros afincados na Arxentina e no Uruguai, que non son poucos), unha menos para que chegue un dos mellors días do verán. O tempiño chuvioso non me permiteu facer unha gran labor de campo pero o pouco que percorrín por #pHORTdoSon mais polas redes sociais inspirou a sección de hoxe. A loita pola XORNADA ÚNICA acaparou tódalas portadas, petou as rúas…cor, música, cacerolas e asambleas…SACANDO AS UÑAS, cos/con e pol@s cachorr@s.

Cando tal cousa me veu á cabeza, acerqueime onda Madaleña “estetisién de cabesera” (con anos de experiencia e selecta clientela) a que me puxese un pouco ao día en canto ó concerniente ao tema ungueal. la foto (10) Contoume que se leva facendo a manicura cerca de 5000 anos (un sinco e tres seros eh, compañeiros), comezou no Exipto, logo tamén na China maila India. Nalgúns lugares a cor escura das uñas era usada polas clases altas e as cores claras polos campesiños (e dijo eu? Sería pa que se ñe vira ben a terra e non lle imitase as mans dos siñoritos? Non sei, pero os campesinos asi coma os nenos, si non levan naljún momento do día as uñas nejras ou “de loito”, como ten a ben denomínalo a gran #rouspuba, non están fasendo ben o choio. Podían usar para tinguilas henna, cera, clara de ovo e incluso ouro. A lonxitude e forma das uñas era na China símbolo de estatus social (o tamaño importaba, das uñas). la foto 4 (3) Foi o conto espallándose polos diferentes continentes e abrindose pouco a pouco a tódolos estractos sociais, pero é en torno aos anos 20 cando a industria do automóvil desenvolve diferentes tipos de pinturas que finalmente se adaptarán ao uso nas uñas. Xa cando diseñaron os quitaesmaltes foiche a cousa apoteósica! Pois paresido a cando puxeron a caixa rexistradora en Carlota con lector de código de barras, que subidón! Ou cando puxeron a bola deslisante nos columpios, por non esquecer cando se pasou polo pobo SuperPiñeiro.la foto 3 (2)

Estilos variables, cores infinitas, arma de sedusión (ai, ahora prestades máis atensión ehhh ), de destrusión masiva tamén… la foto 2 (2) Seguindo os consellos de Madaleña, e por predicar co exemplo, deixeime manicurear. Uff, cas miñas cutículas construíase de novo a Casa do Mar. Prestoume uns cantos mostrarios e embriagueime cos diferentes estilos. Con cal me quedaría? Adiántome a aclarar, que me absteño de poner todo o material gráfico que atopei pois, o horterismo non significa feísmo. Feo é isto:

la foto 2 (3)   la foto 5 (3)Elixiría pois o look femme fatal??

la foto 5 (4)Mellor o estilo «loli pop», máis apropiado para la femme chiclera??

la foto 1 (5)Ou quizais me deixase levar polo máis conservador estilo da cachopiña de Adele?? (amiga e fan da Festa Hortera dende que viña nos veráns ó campamento das monxas, alí preto da lonxa, lembrades? disque se botaba ás mesas do Jape, tiña apitito a chavala)

la foto 1 (6)Vaia indesición, unha non sabe toda a variedade que pode haber neste mundillo manicure ata que se para a analizalo. Porque me levou a alma tamén o look Iroite EVA 10; ven a ser o estilo «comando», pero do Son, que para quen non o saiba temos unha Estación Militar de vixiancia á que segundo contan os falapalla do pobo, viña Xoan Carlos de Borbón de maniobras (Borbi, como ñe chamaban nas Suecas).

la foto 5 (2)

Estando alí cas mansiñas a remollo lembrei os meus innicios cos esmaltes…mmmm, que oloriño, que difísil era pintarse ca man esquerda! que patenóns me daba miña nai cando rozaba o sofá co petate inda fresco. Que sensación de «xa son chica»…morriña dos tempos de moza. Quen non usou como pintaunllas o corrector? o que tal se facía por non atender.la foto 4 (1)

Con cal me quedei?? pois como non! co Animal Print!!! Divina e marabillosa marchei ata o Froiz para mercar un estropallo con salvauñas para que podan chegarme enteiras ao Saturday night e darlle uso cos que se asomen á miña xaula. Unha non perde a esperanza 😉

la foto 1 (2)

Tomade nota, amig@s! curade as mans, limpádeas, dádelle brilo e esplendor porque as mans, tamén falan. E sobre todo, cando haxa que sacar as uñas, sácanse!! Non hai peor ghatillaso que un bo rabuñaso.la foto 3 (4)

Boa semán!

Dolores de Lola de Pepe de Juan.

 

Se che gusta o que les, comenta... non te cortes! ;)

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s