HISTORIA DA FESTA HORTERA

Segundo a Wikipedia o ano 1998 é coñecido por ser o ano no que -entre outras cousas- Francia gañou por primeira vez o mundial, o ano en que morreu Frank Sinatra ou o ano no que os científicos conseguiron por primeira vez teletransportar un átomo.Teletransportar un átomo está moi ben, e que morra Frank Sinatra é sen dúdida ningunha unha grande mágoa, pero para nós, as xentes de Porto do Son, se por algo o ano 1998 pasará á historia é por ser o ano no que se
celebrou a PRIMEIRA EDICIÓN DA FESTA HORTERA.E xa choveu.Un dos ideólogos foi Moncho Blackfire, que é este individuo de aquí.
m1
m3

Coa inestimable colaboración de J.C. Moreira ou J.M.Chone, que prepararon os seus locais para disfrutar da música, a vestimenta e o espíritu hortera.

Comezou sendo unha xuntanza de amigos pero ano a ano, foi aumentando a afluencia de xente, a colaboración de locais e por consguinte, a realización de actividades de ocio (correrúas, concerto, elección de Rei e Raíña…)

Grupos xuvenís do pobo son os que se turnan nas labores organizativas.

A filosofía da festa: a promoción do corido, o desenfado e a ledicia, intentando ano tras ano viaxar ó longo do tempo homenaxeando personaxes e temáticas diferentes.

O verdadeiro protagonista: TI

b 
c  
a f e
DATA: primeiro fin de semán de Agosto.
Un saúdo
A Marquesa de Rocapillón
                LA MARQUESA DE ROCAILLON copia

Moi boas seareir@s!

Dende que me afinquei novamente na miña residencia de Rocapillón adiqueime a recopilar información da historia da FH. Pois daquela, esta que agora vos fala percorría Europa enfrascándose das tendencias máis novedosas e fundindo cartos a esgalla.

Cando a corporación me pide facerme cargo das labores divulgativas, este fermoso proxecto xa gozaba dunha gran popularidade pero grazas a unha amistade que frecuenta as tertulias no meu salón, abrín os ollos e descubrín que así como acontece cunha árbore, o que agora disfrutamos cada primeiro de Agosto tivo como inicio unha sementiña.

Unha semente que se prantou aló polo ano 2000 no Chiringo de Fonfo, daquela pequeniño e con pouco máis que unha barriña, unha neveira de xelados (pero moi bo ambiente, e alomenos 3 xerentes!). Vinte xóvenes con ganas de festa e catro pesetas no peto idearon unha xuntanza que resultase difenrente. Discos de antano, toque de cor e…a dar envexa aos que por alí ían achegando.
Aquí vos deixo unha instantánea dese momento , valor incalculable o deste documento gráfico:

Ese día valeu para abrir boca. O ano siguiente a familia Moreira en “O Cruceiro” xa organizou o cotarro cun pouco máis de gañas. Alí se xogou ás sillas ao ritmo de “Los Diablos” e se fixo a elección de “Rei e Raíña”. A Raíña obtivo victoria por goleada e o co Rei houbo empate técnico. Un baile ca Raíña sería o desempate. Quen alí estaba e o presenciou descríbeo como sinxelamente, arroiador…Isma vs Xanciño…Martiña e Xan alzáronse ca coroa.

As malas linguas contan que a Garda Civil apareceu a botar un vistazo, e os tricornios case se dan volta ao ver tales pintas que había no local! O argumento de Giancarlo Moriarti foi implacable, “Cando víchedes tanta xente xunta disfrutando tanto e con tanto bo rollo?”. Creo que a conversa tivo unha segunda parte (censurámola, polo momento).

Ano seguinte, “Pub Slalom” da man de Chone e Víctor uníronse tamén ó horterismo. Suma e sigue, a xente ía animándose a participar e anos seguintes xa a ruta aumenta incluíndo a “O Axexo” xerentado nese momento por un dos que a partires de aí sería un estandarte para a festa, Manuel Barral.

Nunha das edicións “O Papi”, capitaneado por Santi de Orellán, aumenta a lista de locais participantes. E éche aí que cobrou vida o correrrúas! Pois para chegar alí houbo que atravesa-la praza. O terraceo calou en canto a comitiva asomou pola Pepi de Amado´s street coreando os mellores éxitos da España cañí.

O X Aniversario da Festa foi un punto de inflexión…había que celebralo como a ocasión o merecía!:

1 FH

Reunións con algúns dos hosteleiros do municipio, propostas non escritas co Concello, ideas en canto a grupos e actividades, financiación que respaldase o proxecto…arduo traballo quedaba por diante…
Pide, monta, trae, Gloria, Tinín, idea, Ana, dille, conta, pon, monta, Luís, fala, chama, cobra, Iria, paga, idea, Salo, entra, sae, reparte, sube, Moncho, quita, Axe ,María, cubre, trae, Alex, encontra, compra, leva, Lore, avisa…brfffff…choiándo e choiando, pouco a pouco foi cobrando vida esa Edición.

ENORME foi o resultado:
Naceu o «Chupitorium», ideouse o «phothocold», agrandouse o correrrúas, conseguíronse máis locais colaboradores, …

Naceu a festa tal e como hoxe a entendemos, a FH na que durante os meses previos e tamén o mesmo día do evento, cada un pon o seu graniño de area para que sexa grande! de tod@s, para tod@s. Ano tras ano xente e máis xente se une a esta gran familia. Debo matizar, VOS unides e VOS uniredes a esta gran familia.
Así medrou, e así medrará…fermoso proxecto, fermoso grupo.

Toda esta recopilación de datos pode estar suxeita a erros, por suposto (teléfono de aludidos: pendente de adxuntar) pero é de vital importancia que as novas xeracións coñezan o pasado de tan estimado evento; pois o que non sabe é coma quen non ve!!

Que non se me esqueza, mensaxe importante: Estade atent@s porque está no forno a seguinte actividade recaudatoria para a XIV Edición…moi hortera! moi retro! Sorprenderávos, de seguro que sí!!

Sempre vosa,
A Marquesa.

LA MARQUESA DE ROCAILLON copia