Temos que recoñecelo, Grease e unha película tan chea de tópicos e ten un argumento tan absurdo que se tivesemos que facer un inventario das películas máis horteras da historia do cine, posiblemente estaría, sen dubida, nun dos primeiros postos da lista.
Un remexido de chulos, tupés, duelos de baile, carreiras de coches e números musicais do mais empalagoso que se converteu, a pesar de todo e co paso dos anos, nunha das películas mais vistas, imitadas e parodiadas de filmografía internacional.
¿Quen non coñece a Sandy Olsson e a Danny Zucko?
¿Quen no sabe quenes son os T-Birds e as Pink Ladies?
¿Quen non bailou algunha vez ao ritmo das súas cancións?
¿Ou quen non escoitou algunha vez aquilo de “A Rizzo le han hecho bombo”, ¿Estás disponible, nene? ou “¡Como estás, Kenickie!-Preguntas
ou afirmas» etc…?
ou afirmas» etc…?
En definitiva, que por todas estas (e outras moitas) razóns, Grease e xa unha xoia do Horterismo Cinematográfico Internacional,
que dende a organización de Festa Hortera 2013 non podíamos -e non queriamos- deixar escapar.
que dende a organización de Festa Hortera 2013 non podíamos -e non queriamos- deixar escapar.
Por iso, o próximo 4 de maio, teño o inmenso placer de convidarvos a todos- e en colaboración coa Sala de Festas Aquiarium de Xuño- ó que será o evento mais absurdo, ridículo e hortera da tempada.
Unha festa -que a modo de guateque inspirado nos anos 50- pretende ser unha especie de homenaxe a esta marabilla do celuloide musical.
Así que, xa sabedes, vós preparade a laca e os tupés, sacade as chupas de coiro e os vestidos evasé porque o próximo 4 de maio, na sala Aquarium de Xuño, poñeremos a música, o ambiente, as actuacións e as sorpresas que farán que todos xuntos retrocedamos máis de 60 anos no tempo.
E recordade que xa están a venda as entradas en Queiruga, Xuño, Noia, Riveira, Santiago e por suposto, en Porto do Son.
Para mais información, consultar puntos de venta, e horarios xa sabedes que estamos en festa.hortera@facebook.com
Un saúdo.
A Marquesa de Rocapillón
