Como todos xa sabedes, o próximo sábado a “Festa Hortera” en colaboración coa “Sala Aquarium” de Xuño, organiza o “Baile de Primavera”, un sarao ambientado na estética e no estilo dos anos 50 que, esperemos, sexa todo un éxito.
Por iso, e para que vaiades entrando en ambiente (e a modo de inspiración), a continuación faremos un pequeno resumo sobre a moda da época e falaremos dos principais estilos que utilizaba a maior parte da xuventude do momento.
A DÉCADA DE 1950. UNHA REVOLUCIÓN ESTÉTICA E CULTURAL.
O 2 de setembro de 1945 remata a Primeira Guerra Mundial, comeza a historia de reconstrución do mundo occidental e xurde unha nova xuventude que cambia o enfoque da moda para sempre. Atrás quedaron os anos tristes e austeros da Guerra, a xente ten ganas de divertirse e pasalo ben e a roupa vólvese de tódalas cores, ostentosa, divertida e atrevida.
No caso das mulleres -por exemplo- nunca unha década estivo tan democraticamente ó servizo dos chamados “atributos femininos”, sen importar cal fose a súa forma, tamaño, talla ou disposición. Novos deseños de lencería, axustadísimos vestidos e cintos izaron como nunca (e indiscriminadamente) peitos grandes e pequenos cara o mais alto do ceo, debuxando unha silueta “ultrafeminina” que se converteu na
imaxe indiscutible da época.
De feito, a década dos 50 foi a do reinado das femme fatale, mulleres que traspasaron as pantallas do cine tanto pola súa forza estética como pola súa actitude transgresora e abertamente sexual. Con “caras de anxo” e melenas onduladas, de negro ou de traxe de chaqueta,
feitizaron a sociedade da súa época cos seus looks maioritariamente en negro e que incorporaban atuendos masculinos (garabatas, sombreiros) pero sen facelas perder nin gota da súa forte carga erótica.
No caso dos homes, a indumentaria diversifícase moitísimo con respecto a décadas anteriores, xa que, en xeral, e por primeira vez na historia, a moda deixa de ser unitaria e aparecen os chamados “estilos”.
ESTILO CLÁSICO.É o estilo máis tradicional, o dos homes e mulleres máis maduros (amas de casa, pais de familia), aínda que tamén era usado pola xente máis nova nas ocasións especiais: domingos, festas, vodas, bailes, etc. Era un estilo baseado nas coleccións de Alta Costura e, polo tanto, un pouco caro de levar.
Para elas, saias largas e vestidos de vivas cores e estampados xeométricos ou florais. Había dous tipos de corte, o “evasse”, sobre enaugas amidonadas, ou o tipo “tubo”, cinguido e axustado ata os xeonllos.
Ámbolos dous lévanse con “rebecas” de punto, abrigos de pano (novamente) ata os xeonllos e zapatos de tacón. Moi maquilladas, con peiteados moi elaborados e que levan como complementos, luvas, sombreiros e colares de perlas.
Para eles traxe de chaqueta de dobre abanadura.Moitas veces con chaleco, grabata ou paxarita, gabardina e sombreiro.O peiteado tradicional era a raia ó lado.
ESTILO CASUAL.
Nos anos 50 aparece con forza a chamada clase media e con ela, xente mais nova que empeza a utilizar un estilo, mais (economicamente) acesible, e mais desenfadado na súa rutina diaria.
A mulleres decántanse por roupas mais folgadas e informais. Ademais das saias (“evassé” sobre enaugas ou tipo “tubo”) utilizan tamén os pantalóns, que poden ser vaqueiros, tipo “capri” ou «short», pero sempre altos na cintura.
Xerseis de punto, e as camisas de cadros,quemoitas veces son cortas e anudadas á cintura. Os zapatos son baixos e aparecen as bailarinas “capezio”. Os peiteados vólvense mais sinxelos: lévanse as melenas soltas ou recollidas nunha coleta, e ponse de moda o pelo corto.
Os homes diversifican moito a súa indumentaria.Por un lado deixan a a chaqueta de pano e os pantalóns de vestir combínanse con chaquetas, xerseis e chalecos de punto.
Por outro, esténdese o uso da chaqueta de pano pero con camisas de cadros e de estampados varios, que se levan remangadas e coa solapa ben grande. Ademáis, xeralízase o uso dos vaqueiros.
AS TRIBUS URBANAS
Sen embargo, cara mediados da década, a xuventude comezou a reclamar outro tipo de roupa, que non só se adaptase ó seu estilo de vida, senón tamén os seus gustos e as súas ideas. Ter una estética diferente era tan importante como comportarse dun modo diferente. Apareceron así as tribos urbanas, que inspiradas en fontes moi diversas, como por exemplo o “rock´n´roll”, ou as novas estrelas do cine, da música, da radio ou da televisión, enriqueceron cultural e esteticamente o panorama social da época. Vexamos
algunha delas.
TEDDY´S
Típicos do Reino Unido. A moda era case igual para homes e mulleres. Inspirábanse nos “Dandies” da época Eduardiana. Levaban
chaquetas de pano, xeralmente en tons escuros, as veces co pescozo de terciopelo,petos con solapas e pantalón con cintura alta, a miúdo expondo os calcetíns. No pescozo alto un lazo «Slim Jim» ou unha grabata «Maverick» do oeste americano.Usaban zapatos de punta sempre brillantes e (ás veces) levaban tamén un chaleco debaixo da chaqueta. Os peiteados preferidos tiñan ocabelo longo , moi
moldeado e engraxado.
ROCKER´S
Paralelos ós Teddy Boys, pero en Estados Unidos. Seguidores das motos e do “rock and roll”. Inspirábanse en Marlon Brandon na película “Salvaxe”, e na música e na figura de Elvis.
Eles levaban
cazadoras de coiro (con tachuelas mellor) e pantalóns vaqueiros dobrados, deixando ver os calcetíns. Camisas de cadros ou brancas, pero coas mangas sempre remangadas, boinas estilo italiano, e panos no pescozo. O peiteadomáis típico era o tupé con patillas.
GREASER´S ou GRAXENTOS.
E por último, coma non, os Greaser. Chamábanse así os fillos dos traballadores das clases mais baixas da costa este dos Estados Unidos. A palabra “graxento” era en realidade un insulto que as clases conservadoras utilizaban para denominalos, debido á tremenda cantidade de graxa que utilizaban para peitearse o cabelo.
En liñas xerais vestían como unha mezcla entre o estilo casual e os rockers,pero a diferencia de estes que preferían a motocicleta, os Greaser eran afeccionados aos automóbiles, en especial os chamados Hot Rods, algo así como o tunning dos coches da década dos 50.
Elas levaban un estilo entre casual e clásico, pero moito mais atrevido e arriscado, combinando por exemplo perlas con cazadoras de coiro e maquillaxes moi elaborados con peiteados tipo tupé.
Fin.
Vémonos no Baile, seareiros! ata pronto.
A Marquesa.
Compárteo cos teus amig@s!
Me gusta esto:
Me gusta Cargando...