Boas tardes seareiros:
Fixeronme falla 6 meses e cinco dias para recuperar os folgos despois de tremendo alboroque, pero aqui estou outra vez con todos vós, disposta de novo a dalo todo.

Paguei con creces os excesos da festa e foron moitas as horas de repouso e longas as sesións de homeopatía e fitoterapia que precisei para recompoñerme.
Durante esta longa ausencia disfrutei dun retiro físico-espiritual na miña casa de inverno en Bustiguillade na única compaña de Marcial o meu fiel chofer e a miña gata «Pirula».

Sen embargo mantívenme sempre atenta ás novidades do noso Son quiridiño grazas ás ocasionais visitas das miña apreciadas amistades.
Entereime de que temos un novo Museo da Memoria Mariñeira, que a Lonxa Vella rexurdiu nun Fashion Nautic Club, que a I Edición da Carreira Popular en liña Sin-Son foi un auténtico éxito e que quedou inaugurada unha nova depuradora en Orellán.
Glamour, progreso e tradición en Porto do Son.
Diolopaghe.
Puerto Banús, bótate a temblar!
A pesar do estado de embriaguez e emoción que me acompañou o día da Festa, e que me obrigou a este forzado retiro, recordo perfectamente tódolos marabillosos momentos vividos.
A xornada comezou de forma funesta por mor da choiva, cun retraso de máis de dúas horas que fixo perigar seriamente o comezo do pasarrúas. Despois de tantos meses de esforzo, nunca sentiramos tanta incertidume e frustración, só equiparable como ben dixo a miña amiga Esperanza Pouso á que sinten as Cofradías Relixiosas cando non poden sacar en Semán Santa o Santo en procesión.
Finalmente a situación solventouse de maneira case milagrosa grazas ó momento catártico no que decidimos liberar ó ceo o os globos de helio que adornaban co número 13 o coche da comitiva (falando en plata, mandar os globos do mal agoiro a tomar polo cú).
Co tempo da nosa parte, pudo facerse o desembarco e recepción da antorcha a mans do representante da organización de pasadas edicións, que foi levada ata o Nadelas pola Corporación Olímpica Sonense acompañados dos «Mordecáns» e o seu pegadizo son. Alí mesmo os pequenos deleitáronos co seu particular «Chupinazo» xusto no momento no que apareceu Pirillán pilotando o seu Disco Movil Cool-Tractor e dando inicio o pasarrúas.


De alí fomos ó Taita, onde entre empuxóns, música e baile a nosa fotógafa consegui inmortalizar os vosos modelos e posados mais glamurosos no noso Photocall.
A seguinte parada foi no Axexo, onde tivo lugar, Contiña arriba a Carreira de Tacóns, sen lesionados nin incidentes de valor.
Xa na praza tivo lugar o Concurso de Playbacks, derroche de talento que gañou un ano máis nunha axustadísima votación final a nosa artista local «Cristina de Carreirán». Cristia Dora a Exploradora Mayán e María Lady Gaga de Castilla entregaron os premios ao Príncipe e Princesiña Horteras, obsequios cortesía de Maylo e Maruxa. O éxito de público foi tal que disque Willy, Loreto e Praza quedaron sen suministro.
En torno ás 00.30 comezou o concerto dos Mama Boogie no Padre Manolo´s Arena, onde tivo lugar ademais a coroación do Rei e Raíña Horteras desta edición, Toño cowboy de Chantada e Loreto Madonna Maneiro respectivamente.
A partires de aquí fomos deiándonos caer polo Caribe, Cruceiro, Troy, Slalom e Calma Chicha, movendo o corpo ao ritmo dos grandes éxitos da música retro. Inda que antes presumín de lembrarme de todo teño que admitir que non podo entrar en detalles, só podo dicirvos que brindei, biquei, bailei e paseino realmente en grande, gozando da compañía de todos vós, os mellores horteras do mundo!
Mil grazas por facer un ano máis desta Festa un día inolvidable.
A Organización comeza a traballar con mota ilusión para que a XIV Edición saia alomenos igual de ben que esta pasada, e eu dende aquí na miña labor glamourosa-divulgativa quedo encargada un ano máis de irvos informando.
Con amor,
María Esther Agripina de Fonforrón e Ribasieira
Señora de Montemuíño e Marquesa de Rocapillón.
