Vídeo oficial promocional

Saúdos seareiros!
Despois de moitos meses de espera e preparación, estamos xa na recta final, e cada día o 4 de agosto esta máis e máis cerca.
A pasada semana comezamos ca pegada dos carteis e a presentación oficial do programa, e hoxe compráceme acercarvos as últimas novidades, que chegan en formato visual e via youtube, para que non se diga que en Porto do Son non estamos ó tanto das últimas tecnoloxías.
Presentovos a primeira parte (coma no Padriño, as cousas boas sempre veñen por partes, e se éstas son 3 millor) do video oficial de presentación e difusión cibervirtual desta 12+1 Edición de Festa Hortera de Porto do Son.
Producido por Lóstrego Films, espero que o disfrutedes, e xa sabedes, a compartir e axudar a difundir.

 

 Un saudo
A Marquesa das Novas Tecnoloxías.
LA MARQUESA DE ROCAILLON copia