Cando xa só quedan unas horiñas para que teña lugar a nosa querida e esperada celebración, póñome novamente diante do ordenador para transmitirvos unhas últimas e emocionadas palabras de agradecemento e recomendación.
Comenzando polas primeiras e antes que nada, gustaríame –en representación da comisión organizadora de Festa Hortera de este ano- dar a gracias a todos os que dunha maneira ou outra colaboráchedes para que o día de mañán todo saia o millor posible.
Gracias os locais e establecementos colaboradores.
Gracias ó Concello de Porto do Son.
E sobre todo, gracias a vós, os que compráchedes rifas, os que votastedes unha man cando non se vos pediu, os que xogáchedes e vos animáschedes a subir ó Preguntoiro no PrederbiSonense, ós que tomáchedes unhas sardiñas en Xan Xoan ou visitáchedes o Chupitorium na Feira Celta.
A TODOS VÓS, grazas, porque sen VÓS, mañán non sería posible.
(Como podedes comprobar, no fondo, son unha sentimental, hortera si, pero con sentimento)
Ben, unha vez feito o máis importante, gustaríame novamente recordarvos cal e o programa e as actividades que mañán (e se o tempo acompaña) vos esperan nesta nosa querida celebración:
12.00 horas. PRAZA DO EUGENIO
A partir das 12:00 horas, e se non che deu tempo a buscar indumentaria para tan glamurosa ocasión, pásate pola Praza de Rosalía de Castro, alí haberá un posto-mercadiño onde poderás atopar as galas mais horteras e glamurosas de todo o Barbanza. Ven, non te arrepentirás.
Para os pekechos, haberá agasalliño e maquillaxe facial.
E como non, musica en directo e ronda polos bares mais horteras da vila cós Mordecans.
Por certo, que se vos queredes apuntar para algunha das actividades da tarde: carreira de tacóns, playbacks,… aquí podedes facelo.
18:30 horas .NO PEIRAO ONDE A LONXA NOVA.
Terá lugar o desembarco e o emotivo acto inaugural desta 12+1 Edición da Festa Hortera, e onde por suposto, adiántovos que contaredes coa miña presenza. (Marcial, vaille sacando brillo o Mercedes, que mañán, saimos).
Despois do acto de inauguración oficial, comezará o PASARRÚAS: NADELAS, TAÍTA, onde terá lugar o PHOTOCALL e por último e antes de chegar á Praza de España, a CARREIRA DE TACÓNS.
21:00 SQUARE SESSION
Xa na Praza, ademáis de disfrutar ó son do noso Retro-Dj ,dos Playbacks, e da elección dos Reis Infantís da Festa e poderedes lucir con garbo e salero ós vosos modelos no noso particular Line-Red Carpet-Hortera Dance ó ritmo dos Homenaxeados desta 12+1 Edición: OS VILLAGE PEOPLE.Algo que -recordemos- será mais ou menos así:
E coidado, porque @ que máis xeito, ritmo e glamour lle bote, será coroado como Rei ou Raiña da Festa, así que xa sabedes, a mover ese cuiño e que non se diga.
23:00 horas. CONCERTO
As 23:00 horas comezará o concerto de MAMA BOOGIE nos xardíns portuarios, e no descanso, elección do Rei e a Raiña desta edición.
02:00 horas. Comeza ó RETRO TOUR.
Unha vez rematado o concertó, escolle ó teu ritmo favorito de entre ós locais máis horteras do Barbaza: TROY “Especial Guateque”,CRUCEIRO “Super Disco Fashion”, CARIBE “Night Fever”, CALMA CHICHA “Tributo a Donna Summer” SLALOM “Moncho Blackfire Disco Funk Explotion” e AXEXO “Homenaxe ás chicas ye-ye”.
E pola miña parte,queridos seareiros nada máis, espero que mañán todos sacades do armario a ese hortera que cada un de nós levamos dentro e como dí a canción, A DALO TODO,COMO UNHA FERA!!!
Un pracer
María Esther Agripina de Fonforrón e Ribasieira, Señora de Montemuíño e Marquesa de Rocapillón
