Seareiros, achegándose a data do evento anual do ano, non podemos facer máis ca seguir achegándovos novidades.
Neste caso, a sorpresa vaivos ser maiúscula pois un dos grupos máis queridos e respetados po tódolos sonenses (e parte dos forasteiros) nos agasalla cun tema, creado en exclusiva para rendir homenaxe á Festa Hortera.
Ten ritmo, ten gancho, ten cor!!…e sabor a MORDECÁN.
Detalle impagable o destes mozos, brindarnos esta canción de valor incalculable.
Compráceme, hónrame, emocióname infindamente presentarvos o novo sinxelo de…OS MORDECÁNS.
A bailarrrrrr!!!
(CLICA AQUÍ): http://soundcloud.com/osmordecans/festa-hortera-os-mordec-ns
Aprendede a letra, que este fenómenos merecen as meiores coreos!!
TÍ E-LO XEFE DA FESTA HORTERA
VAS JASTANDO PISTA
HOXE TES QUE DALO TODO
PODES PRESUMIR SER UN ARTISTA
TES TANTO TALENTO
QUE ES A ENVEXA DE TODOS
ENCHE O PEITO E PONTE A TRIUNFAR
CHEGAN OS SETENTA
COA SÚA VESTIMENTA
PELO Ó AFRO E PANTALÓN CAMPÁ
ESCOITA ESE RITMO
SOA O «CHICKEN SCRATCH»
AMOSA O TEU MOVEMENTO SENSUAL
tí e-lo xefe da Festa Hortera
a dalo todo como unha fera!
CARA DE CONFETTI
MEDIO LADEADOS
ESTÁN OS QUE NON QUEREN BAILAR
TÍ PRETO DO BAR
SEMPRE TAN ALBOROTADO
DIANTE DA CHARANGA A XARREAR
OS QUE VAN QUEDAR
CANDO O SOL ESTÁ A SAÍR
OS QUE VAN PRA CASA TAN CONTENTOS
LÉVANSE POR DENTRO
AS GANAS DE REPETIR
OUTRA FESTA HORTERA ESTÁ POR VIR
tí e-lo xefe da Festa Hortera
a dalo todo como unha fera!
tí e-la xefa da Festa Hortera
a dalo todo como unha fera
Con amor