LINE DANCE… Rocapillón News!

Seareiros, o verán está aí á porta! E con el, o horterismo made in Porto do Son, cheo de novidades.

A primeira novidade chega a través do espazo e do tempo, en forma de baile-desfile-homenaxe a un elemento moi significativo do horterismo nas pistas de baile ao longo dos anos 70 e 80, e que polo tanto, non podería faltar nesta nosa querida Festa Hortera.
Estamos a falar do míticos e inolvidables LINE DANCE” bailes.
O LINE DANCE -e ainda que existen varias modalidades -consiste en que varias persoas bailen unha canción cunha coreografía bastante simple, ordenandas nunha ou varias líñas.
Famosísimo é o LINE DANCE da película Saturday Night Fever.
Sen embargo, a nosa versión favorita e a que queremos importar é a do mítico programa estadounidense de soul e R&B, chamado SOULTRAIN.
 
A nosa intención é organizar un destes LINE DANCES” a modo de desfile e exhibición das vosas glamourosas vestimentas, para despois elexir entre todos os participantes o rei e raíña da festa.
Que vos parece?
Animádesvos a participar?
Amig@s, en breve voltaremos con máis novidades! 

Vosa sempre

A Marquesa
LA MARQUESA DE ROCAILLON copia
Anuncios