Compráceme enormemente presentar de forma oficial o PREDERBI SONENSE, adiante! xogo limpo e que gañe o mellor…
Coma todos xa sabedes, o xoves pasado tivo lugar o prederbi local depor-celta: evento folclórico, gastronómico e deportivo sen precedentes neste Nóso Son Tan Queridiño.
A que segue, é unha crónica detallada de tan epecial xornada:
Xoves, 5 de decembro de 2012, 12:00 horas
Ben cediño, mentres a corporación traballaba no campo «Emilio García» para que todo funcionase segundo o previsto, eu tomaba a miña copa de viño doce mirando pola fiestra. Houbo sorte, as nubes fuxiron e deixaron paso a un día precioso, ideal para levar a cabo as actividades tanto relixiosas coma profanas do Porto do Son. O meu compromiso era co prederbi asi que, enfaixeime, cubrinme de peles, empolveime e esperei a Chantada, o chofer oficial da Festa Hotera (sobrado coñecido nas instalacións da tvg por acercar ó medio de comunicación galego a algúns dos promotores do evento).
Xoves, 5 de decembro de 2012, 14:00 horas
Ó chegar ó Preguntoiro, a miña intención era entrar de balde, como representante oficial da Festa Hortera, pero Carliña do Parrelo e María Mayán, lanzáronse sobre min como hienas na busca de carne! o que buscaban era un euriño recaudatorio. Elas non son así, só cumprían ordes.
Xoves, 5 de decembro de 2012, 15:45 horas
Recíbeme na cantina Don Felipe de Chouza, futuro Marqués, e moi amablemente me acompaña ao palco de autoridades, dende alí, soa pero moi atenta ó xogo, disfrutei dunha fantástica xornada de fútbol. A xente agolpábase nas bancadas á espera do que sería, o partido do ano.
Xoves, 5 de decembro de 2012, 16:30 horas
Comeza o partido dos benxamíns. A estupenda actuación do cancerbeiro celeste Fran Acevedo non puido evitar a rotunda victoria deportivista 7 a 2. Unha das xogadas máis significativas foi a realizada por Ángel, carrileando pola banda esquerda, que elabora con clase un centro ó área, e conclúe exitosamente Benjamín. O prebenxamín Andel deu unha lección de loita e calidade por parte do bando celeste. Rafa botoulle garra e plantoulle cara á dianteira blanquiazul pero Benjamín e Eloy, que derrocharon arte e gol, agasallaron á súa afición con cadanseus 3 goles.
Xoves, 5 de decembro de 2012, 17:45 horas
Abraidada quedei cos alevíns/infantís, que demostraron unha incrible madurez no xogo, deixando claro que se está a fraguar unha auténtica canteira de figuras. Partido emocionante na que a viña celeste non consigueu vencer a portería dos herculinos. Rematou cun marcador de 2-0, favorable novamente ós deportivistas. A única figura feminina do encontro, Laura Alvite, saltou ó terreo de xogo do bando coruñés. Destacamos a actuación de Elier por parte do Celta e Pablo Vila por parte do Deportivo, este último, autor dun dous goles.
Xoves, 5 de decembro de 2012, 18:30 horas
Comeza o último partido da xornada, foi a categoría sénior. Trepidante, emocionante, fixeron vibrar aos asistentes ata as uñas dos pés. Finalizou cun 1-3 favorable ó Celta.
Na primeira metade inaugura o marcador Curti cun gol en propia. O segundo gol do Celta sae das botas de Susiño, isto fai reaccionar ós coruñeses e Gorka, marcando un gol antes de rematar este primeiro tempo, devolvía ao Deportivo a esperanza na victoria.
Na segunda metade pena máxima en favor dos blanquiazuis, erra Dani, ou intercepta exitosamente David de Xío, lede a xogada coma mellor vos guste, seareiros. A partir deste momento, os deportivistas non puideron co aluvión de xogo do equipo celeste que se mostrou máis forte físicamente e logra o terceiro gol da man dunha bonita xogada individual de Chuchú.
Figura destacada do deportivo, Tomasito, que animado pola presenza de Xiana nas bancadas, loitaba sen descanso por endosar un gol ao equipo vigués. O xogo foi limpo e só houbo unha tarxeta amarela a Tinín por adiantarse nun saque de falta. Como incidente illado, a lesión de Serxio Parrelo nunha caída accidental sobre a man esquerda, aínda pendente de realizar a resonancia magnética que aclare a gravidade da lesión. Unha das doutoras que se atopaba entre os asistentes, vendo a maneira de empinar os quintos do xogador celeste, asegurou que non impresionaba de fracturado.
Xoves, 5 de decembro de 2012, 19:30 horas
Na grada, ambiente incrible, os seguidores permanecen fascinados polo xogo. Entre eles, grandes figuras destacadas do celtismo e deportivismo sonense.
Cumprindo coas miñas labores periodísticas, acércome á zona denominda «da parrillada» onde durante o transcurso do partido, os cociñeiros Liste, Polito e Ramón, xunta cos pinches, e sempre baixo a supervisión do Capitán Javi Ansi, daban candela ás ascuas para ter a carne lista e celebrar xuntos o que foi todo un exemplo de deportividade.
Xoves, 5 de decembro de 2012, 20:45 horas
Os reporteiros gráficos Jorge, Petoin, Torre, Gonza e algún máis enviado pola prensa deportiva, inmortalizan as xogadas para encher de bos recordos o álbum do II Encontro Dépor-Celta de Porto do Son.
Xoves, 5 de decembro de 2012, 21:30 horas
O licor café co que a corporación me agasallou durante os encontros fixo mella en min e decido abandoar o estadio discretamente.
Xoves,6 de decembro de 2012, 12:30 horas
Os meus emisarios e discípulos encárganse de vixiar e supervisar o final do evento, asi coma tomar notas e informarme do que alí aconteza na miña ausencia. Aparentemente non houbo incidencias salientables…todo estivo dentro da legalidade.
Eu, non movín un dedo, a miña condición de Sra de Montemuíño e Marquesa de Rocapillón non mo permite, pero vendo a tanta xente poñer o seu gran de área, taaanta que se os citase a todos, a crónica sería longa coma un día sen pan! sentinme honrada de pertencer á vila que me veu nacer.
A victoria foi, sen dubidalo…do Nóso Son Quiridiño.
E para que disfrutedes, aqui vos deixo un video co resume de tan completa xornada.
Vósa sempre,
A Marquesa
Con amor