A MARQUESA DE ROCAPILLÓN

O meu nome é María Esther Agripina de Fonforrón e Ribasieira, Señora de Montemuíño e Marquesa de Rocapillón.

Descendo dunha nobre e antiga liñaxe da Vila de Porto do Son, que tivo a súa orixe aló polo ano 1580.

Se Carlos Deza, o protagonista de “Os Gozos e as Sombras” voltou a Puebla Nueva entre «bombos e platillos», nunha vinda que non foi vinda, senón regreso; eu cheguei de súpeto e non me esperaba nin o gato.

Nacín en Porto do Son, e dende ben noviña trotei polo mundo.

Pasei polos mellores colexios de Europa, recibín unha educación exquisita, aprendéronme finos modos e refinados gustos.

Carreira non saquei ningunha, puden comprala, iso sí! Pero preferín deixarme embriagar polos excesos, relacionándome co máis destacado do mundo da farándula.

Así foi ata que ese ritmo de vida lle pasou factura aos meus aforros, quedando como único patrimonio da familia, a casa do Son e unha cámara Super-8.

Voltei ó pobo que me veu nacer a disfrutar duns días de recollimento aló polos anos setenta, tras un desengano amoroso, e quedei francamente impresionada polas particularidades da súa xente.

Gardo documentos de incalculable valor dos usos, tradicións e costumes de Porto do Son.

Pasarían uns anos ata que a ruína me pon na obriga de regresar, e aquí estou!

A caída foi estrepitosa pero conservo a casta, a forza, o glamour e por suposto, os contactos.

Este ano a Comisión Organizadora da Festa Hortera, moi acertadamente solicita a miña axuda para as labores de difusión, non esquezamos que me codeei con artistas de renome (Rafaella Carrá en Italia; Bobby Farell e ABBA en Holanda; Os Bee Gees en Inglaterra; Dona Summer en EEUU; Roberto Carlos, Escobar, O Dúo Dinámico, Fórmula Quinta, Os Diablos en España…e un sinfín de personalidaes que marcaron a historia da música).

Un saúdo

A Marquesa Viaxeira

LA MARQUESA DE ROCAILLON copia