Seareiros, coma vos prometín no anterior post, esta edición da Festa Hortera chega cargada de novidades, e hoxe tócame trasladarvos a segunda delas.
Este ano a organización da Festa Hortera decidiu aproveitar a festividade para honrar e ensalzar a algunha das grandes persoalidades que ó longo dos anos foron engrosando as selectas lista do horterismo mundial.
Foron moitos (actores, deseñadores, cantantes, compositores, coreógrafos; algúns famosos, outros non tanto) os que ano tras ano fixeron méritos para poder formar parte deste tan selecto clube; sen embargo, por ser esta unha festa onde a música é tan importante, a organización decidiu concentrar no panorama musical a selección do noso futuro homenaxeado.
A nosa intención é que a personaxe elexida se converta na embaixadora da festa desta edición, na figura de culto. Protagonizará o
cartel da Festa, e que tentaremos que unha das suas máis recoñecidas cancións se convirta no himno deste ano, sendo a melodía que sonará durante A HORTERALINE DANCE. (ver post anterior)
A organización tivo a ben deixar na miña man tan complicada misión, motivo polo cal pido a vosa colaboración.
Espero que non me falledes!
Fixen unha selección de artistas, quizais do máis significativo que inundou o panorama musical durante os anos 70, e que reunen -dende o meu punto de vista- todas aquelas cualidades imprescindibles para ser os dignos representantes da nosa querida Festa Hortera.
Aí vos deixo 12 videos.
Cada un deles representa a un artista, e a canción escollida para representalo.
Prestádelle ben de atención porque comezamos.
1.BEE GEES.Staying Alive
Tres polo precio de un. O espírito do horterismo persegiunos dende que participaron na BSO da mítica película Fiebre del Sábado Noche.
Brillos, pantalóns axustadísimos e voz en falsete. Memorables.
2. GLORIA GAYNOR. I will survive.
Unha das raiñas das pistas dos anos 70. I will survive é xa un himno interxeneracional, que fala de optimismo e das ganas de superación.
3.STEVIE WONDER.Superstition
E do optimismo de Gaynor, ás supersticións dun xovencísimo Stevie Wonder. Por recomendación directa do amigo Moncho Blackfire, que me propuxo que xa que este ano se celebrába a 13 edición da Festa Hortera, que mellor maneira de plantarlle cara os malos augurios que
da man dun dos maiores éxitos da MoTown.
4.ABBAMama mia.
Falando dos 70 e do horterismo, non podía faltar este gran grupo sueco. Melodias sencillas e pegadizas ,mallas, capas, cores pastel e primeiros planos imposibles. Inconfundibles.
5.VILLAGE PEOLPLE. In the Navy
Irreverentes, cachondos e con moitas ganas de festa. O espírito da Festa Hortera a bordo dun barco da mariña america.
6.TINA TURNER.Proud Mary.
Voz e presencia no escenario. A súa versión de Proud Mary (cando aínda formaba parella musical co seu marido Ike Turner) é xa todo un clásico. Esas minisaias, esa marcha, esa maneira de cantar e de moverse enriba do escenario ben lle valen esta nominación.
7.JAMES BROWN. Get up. I feel like being a Sex Machine
Non podía faltar. Coñecido como O Padriño do Soul é considerado un dos país fundadores do Funk. Un dos mais influintes músicos do seculo XX. Moving!
8.OTAWAN.D.I.S.C.O
A finais dos 70 este dúo francés revolucionou as pistas de baile con seu single D.I.S.C.O.
9.MICHAEL JACKSON. Don´t stop still you get enough.
Un xovencísimo (e negro) Michael Jackson no seu primeiro exito en solitario, murmurándonos que non paremos ata que quedemos satisfeitos. Un auténtico rompepistas de finais dos 70.
10.ARETHA FRANKLIN. Respect
Dun Michael que xoga a provocar, a unha Aretha Franklin arrolladora, que dende o escenario pide RESPECTO con maiúsculas. Coma para non darllo. A raiña do Soul.
11. AS GRECAS.Te estoy amando locamente
Como representantes do horterismo made in spain non podían faltar elas: Tina e Carmela fusionando rock e flamenco no ano 1974.Pouco máis que dicir. Nainonainonainonanainonanaraná!
12.RAFAELLA CARRÁ. Hay que venir al sur.
E por último ela. Amiga, artista, diva, a grandisima rafaella Carrá cun video e unha canción que xa forman parte da nosa historia.Bravísimo!
Ben, espero que vos gustara esta pequena selección. Pode que falten moitos, pero había que concretar e agora, tomar unha decisión.
A miña responsabilidade acaba aquí.Agora empeza a vosa.
Na parte superior dereita da páxina tedes a enquisa para votar. Cando decidades, marcade a vosa opción.
En quince diíñas saberse o gañador! (1 de Xuño).
Sempre vosa.
A Marquesa
E os gañadores son…
Coma todos xa sabedes, e despois dunha axustadísima recta final, os gañadores da enquisa para escoller os homenaxeados desta 12+1 Edición da nosa querida Festa Hortera son os VILLAGE PEOPLE e a súa canción IN THE NAVY.
Como xa vos comentei, dende a organización deste ano ocorreusenos a idea de incorporar á Festa un baile -desfile que amenizado polo grupo escollido como gran homenaxeado, axudáranos a escoller o rei e a raiña desta edición.
Asi que xa sabedes horteras, ide repasando ben os videos e memorizando ben os pasos, porque ó ritmo de IN THE NAVY, Porto do Son escollerá o reis deste ano.