Saúdos cordiais Seareir@s!

Saúdos cordiais un ano máis, seareiros!

Como non podía ser doutra maneira, o espírito hortera comeza a percorrer as nosas arterias, venas e vasos linfáticos, os corazós latexan con frenesí en canto escoitamos de fondo a Raphael, Raffaela ou Bony. Tremen os trasteiros, brúan as perrucas por non voltar ao caixón tralo entroido! A XV EDICIÓN DA FESTA HORTERA está en camiño.

Quince anos son palabras maiores…responsabilidade compartida será a de levar a cabo (como ben se ven facendo dende sempre) unha festa que esté á túa, á vosa altura! É por iso que é un orgullo e unha inmensa satisfacción compartir este ano as labores divulgativas e organizativas co resto dos integrantes deste fermoso e toliño equipo de aristócratas.
Bueno, realmente a miña labor no pasado era somentes figurar, facer a crónica, traballar pois non é cousa de ricos

A Marquesa está en idade de xubilarase, non de marchar a Salou co «inserso«xq nos títulos leva O Son e no escudo de armas a boa e o confeti.

Ledicia para todos, presentar esta nova etapa da man de:

– Pazzini de Noal i San Visente
– María Londoria de Castro i tres Sicilias (ou catro)
– Gloriunda de Castro i tres Baroñas.
– Laureana Laliena Taitona
– Refina De Jesús Zamorana
– Maria Atalaiona da pedra Sagrada da calentura, e familia
– María Esperanta de Xesús e a Pousada Torres Altas
– Carlota Da Pesina i Bustiguillade
– Rafaella de Bazzarcola i Carendia da Roda

E cols.
Sempre, vosa

Marquesa de Rocapillón.

LA MARQUESA DE ROCAILLON copia

Ate sempre.

Viva a Festa Hortera!