O pobo falou… E a XV FH xa ten cara!

Como sabedes, onte fixemos o reconto público de votos no Bar Eugenio… E a cousa estivo interesante!

Partimos dos seguintes resultados da web, que aínda que destacaban como vencedor a Raphael… Non sabíamos o que nos depararían os buzóns! A grandísima Ana Kiro seguíalle de cerca e Miguel Bosé non quedaba a moitos votos; e parecía que ABBA e O Dúo Dinámico tamén podían dar guerra… Vamos que a cousa estaba interesante.

A participación na web foi de 154 votos, e esta foi a vosa elección:

Captura de pantalla 2014-05-11 a las 11.55.53

 

Así que comezamos a abrir os buzóns a cousa púxose máis interesante aínda… Estivemos a piques dun empate entre dous grandes… RAPHAEL e ANA KIRO…. Os seareiros que estábades alí ben sabedes que case nos quedamos sen uñas! 😉

Finalmente, e gracias á vosa participación, a cara desta XV edición da FESTA HORTERA será o grandísimo… RAPHAEL!!!!

Aquí tendes os resultados, axustadísimos, do buzoneo in vivo no Bar Eugenio!

image

E aquí, como non… A foto de familia de tódolos que quixestedes estar presentes! GRACIAS!

image

 

raphael

 

fh logo firmaFH

Anuncios

Chegou o momento de elexir homenaxead@ para a XV FH!!

Aquí tés unha lista de 10 personaxes para elexir  o teu candidata ou candidato para ser @ artista homenaxead@ nesta XV edición da FESTA HORTERA! Este ano con unha novidade, non só poderás votar vía web a través da seguinte enquisa… Atoparás buzóns en 4 locais do Son: AXEXO, WILLY, TAÍTA e CRUCEIRO, para que todo o mundo participe na decisión, xa que a FESTA HORTERA é de tod@s! 😉 buzon hortera   1. Dúo Dinámico – Quince años…. porque quince anos ten o noso amor… a FESTA HORTERA!! que fariamos sin ela ano tras ano!! 😀 2. Gloria Gaynor – I will Survive ao millor prefires un toquiño distinto, subidón ten esta canción que a todos nos fai movelo corpo cada vez que sona… 3. Raphael –  Mi gran noche …. unha canción grande, cantada por un artistaso enooorme, cando sona, o espírito rafaelista nos posúe 😉 4. Abba – Mamma mia … toque de glamour da man do cuarteto de rubios que marcaron época, quen non bailou e cantou mil e unha veces as súas cancións! 5. Miguel Bosé – Don Diablo… este xonvenzuelo con movementos espasmódicos pode que chame máis a túa atención… a canción dende logo é ben pegadiza! 6. Ana Kiro – Pídechas o corpo… Por que non unha homenaxeada da terriña??? dende logo que a canción ten boa caña! pegadiza non pode ser máis… 😉  7. Camilo Sesto – Mola mazo Como di a canción a música e nós volamos alto e si, molamos mazo! jajajaja. Por eso medramos ano a ano gracias a ti 😉 8. Las Grecas – Te estoy amando locamente Temazo que fai que sempre que sona nos remanguemos os pantalóns subamos as máns a cachola e nos poñamos a dar voltas cantando coma se estuveramos  poseídos polo espírito das eternas Grecas…. 9. Tina Turner – The Best tema clásico onde os haxa… E porque sabemos que unha das millores festa do verán é a Festa Hortera! non fai falla ver o espírito q inunda a xente ese día… THE BEST! 10. Massiel – La, la, la, la …. Porque todo na vida é como unha canción…merecedora de Eurovisión e moito máis;  queres que a homenaxeada deste ano sexa Massiel?

Agora a elección é túa!!!

Podes votar aquí e nos buzóns que atoparás no AXEXO, TAÍTA, WILLY e CRUCEIRO.

109dc-fh-logo