Longa vida á FESTA HORTERA!

Que mellor para un día de resaca que unha boa chapa? Jajaja. Coméntanos que onte na praza por problemas de son non se escoitou o saudiño da organizaciós, pois viñamos a contar máis ou menos esto:

Despois de 4 edicións ao frente da festa, chega o momento da despedida.
Foi un traballo que nos encheu de sensacións e momentos inmellorables. Experiencia moi recomendable a todo aquel que adore O Son e a festa ao igual ca nós.

Como ven sendo dende os anos anteriores, esperamos que un grupo de xentiña colla o relevo e continúe…estaremos gustosos de deixar o «valiosísimo» testigo na súa man. A festa debe rotar, encherse de frescura, como ben dí noso amigo e añorado Fi «savia nueva»

Unha honra enorme formar parte deste proxecto de lindura, cor e sorisos.

Longa vida á festa hortera!

Ser hortera… ten premio!!!!

Boas Horteras!!! ben sabemos que o modelito que vas lucir o próximo día 1 xa vai collendo forma… por iso, un ano máis queremos premiar a túa vestimenta! e si te animas, xa está aberto o prazo para a inscripción nos playbacks da XVI ed da FH… Como podes ver a continuación este ano hai algunha novidade nos premios… engadimos dous novos: millor vestimenta grupal, posto que cada vez sodes mais os que vos engalanades en grupo e tamén merecedes un premio! e millor playback grupal.

PREMIOSSS

Xa non queda nadaaaaaa! ide ultimando detalles! 😀

Padriños da XVI FH!

Temos a gran satisfacción de contar cuns padriños DE LUXO.

A finais dos 60 marcaron unha época. Foi dos primeiros grupos pop galegos en saír en TVE e, por se non fora pouco, representou a Porto do Son nun concurso musical do momento: «Campo Pop» .

Cando Galicia andaba descolgada das tendencias modernas, estos mozos foron coma aire fresco dentro do panorama musical da rexión.

Facéndovos padriños desta humilde pero enorme festa, sentimos que estamos poñendo en valor todo aquelo canto fixéchedes (e seguides facendo) pola música e, como non!, por Porto do Son.

Ninguén mellor ca vós para honrar os 60-70s e ao noso pobo.

Parabéns e ata pronto!