Aquí tés unha lista de 10 personaxes para elexir o teu candidata ou candidato para ser @ artista homenaxead@ nesta XV edición da FESTA HORTERA! Este ano con unha novidade, non só poderás votar vía web a través da seguinte enquisa… Atoparás buzóns en 4 locais do Son: AXEXO, WILLY, TAÍTA e CRUCEIRO, para que todo o mundo participe na decisión, xa que a FESTA HORTERA é de tod@s! 😉 1. Dúo Dinámico – Quince años…. porque quince anos ten o noso amor… a FESTA HORTERA!! que fariamos sin ela ano tras ano!! 😀 2. Gloria Gaynor – I will Survive… ao millor prefires un toquiño distinto, subidón ten esta canción que a todos nos fai movelo corpo cada vez que sona… 3. Raphael – Mi gran noche …. unha canción grande, cantada por un artistaso enooorme, cando sona, o espírito rafaelista nos posúe 😉 4. Abba – Mamma mia … toque de glamour da man do cuarteto de rubios que marcaron época, quen non bailou e cantou mil e unha veces as súas cancións! 5. Miguel Bosé – Don Diablo… este xonvenzuelo con movementos espasmódicos pode que chame máis a túa atención… a canción dende logo é ben pegadiza! 6. Ana Kiro – Pídechas o corpo… Por que non unha homenaxeada da terriña??? dende logo que a canción ten boa caña! pegadiza non pode ser máis… 😉 7. Camilo Sesto – Mola mazo… Como di a canción a música e nós volamos alto e si, molamos mazo! jajajaja. Por eso medramos ano a ano gracias a ti 😉 8. Las Grecas – Te estoy amando locamente… Temazo que fai que sempre que sona nos remanguemos os pantalóns subamos as máns a cachola e nos poñamos a dar voltas cantando coma se estuveramos poseídos polo espírito das eternas Grecas…. 9. Tina Turner – The Best … tema clásico onde os haxa… E porque sabemos que unha das millores festa do verán é a Festa Hortera! non fai falla ver o espírito q inunda a xente ese día… THE BEST! 10. Massiel – La, la, la, la …. Porque todo na vida é como unha canción…merecedora de Eurovisión e moito máis; queres que a homenaxeada deste ano sexa Massiel?
Agora a elección é túa!!!
Podes votar aquí e nos buzóns que atoparás no AXEXO, TAÍTA, WILLY e CRUCEIRO.
Que arte!!! Ya queda menos.
Eu sempre che fun moito de Rafa 😉 ;D