Benvid@s á nova web!

Destacado

web

Benvidos á vosa web!

Fresca, divertida e disposta a manterche ao tanto das novidades e tendencias horteras.

Esperemos que sirva de vehículo para unha unión, se cabe, máis intensa con vós; e por suposto, crear novos seareiros. Aquí poderedes deixar a vosa aportación particular, enviar solicitudes, coñecer os plans para este 2 de Agosto, elixir @ homenaxed@ etc…

firmaFH

Colabora coa FH… axúdanos no CHUPITORIUM! 😊

A Festa Hortera abre o plazo para que todos aqueles que vos queirades anotar como voluntarios, coma tódolos anos, para colaborar co CHUPITORIUM vos poñades en contacto coa organización.

Podedesanotarvos na nosa páxina de facebook, por twitter, falando con algún da orgazación ou accedendo ao formulario de contacto a través da seguinte imaxe:

 

image

Entre todos é máis doado!! 😉

O pobo falou… E a XV FH xa ten cara!

Como sabedes, onte fixemos o reconto público de votos no Bar Eugenio… E a cousa estivo interesante!

Partimos dos seguintes resultados da web, que aínda que destacaban como vencedor a Raphael… Non sabíamos o que nos depararían os buzóns! A grandísima Ana Kiro seguíalle de cerca e Miguel Bosé non quedaba a moitos votos; e parecía que ABBA e O Dúo Dinámico tamén podían dar guerra… Vamos que a cousa estaba interesante.

A participación na web foi de 154 votos, e esta foi a vosa elección:

Captura de pantalla 2014-05-11 a las 11.55.53

 

Así que comezamos a abrir os buzóns a cousa púxose máis interesante aínda… Estivemos a piques dun empate entre dous grandes… RAPHAEL e ANA KIRO…. Os seareiros que estábades alí ben sabedes que case nos quedamos sen uñas! ;)

Finalmente, e gracias á vosa participación, a cara desta XV edición da FESTA HORTERA será o grandísimo… RAPHAEL!!!!

Aquí tendes os resultados, axustadísimos, do buzoneo in vivo no Bar Eugenio!

image

E aquí, como non… A foto de familia de tódolos que quixestedes estar presentes! GRACIAS!

image

 

raphael

 

fh logo firmaFH